Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8282

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (935/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 935/2013 por instancia de Manuel Fernández Argiz contra Construcciones José María Fernández, S.A., o administrador concursal da empresa Construcciones José María Fernández, S.A. (Félix Manuel Jiménez Mosquera), Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., e María del Carmen Pena Saavedra, o administrador concursal de Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., a empresa Hormigones del Noroeste, S.L., o administrador concursal de Hormigones del Noroeste, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 31.1.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Manuel Fernández Argiz fronte a Construcciones José María Fernández, S.A., Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., Hormigones del Noroeste, S.L. e os seus respectivos administradores concursais, e María del Carmen Pena Saavedra, con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U. ao demandante.

– Condénase a empresa Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 35.929.82 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente ascenden a 9.818,66 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 49,34 euros diarios, respondendo solidariamente das devanditas cantidades as empresas Construcciones José María Fernández, S.A., Hormigones del Noroeste, S.L. e María del Carmen Pena Saavedra, quedando vinculados os administradores concursais das primeiras por tales cantidades.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones José María Fernández, S.A. e á empresa Hormigones del Noroeste, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 6 de febreiro de 2014

O secretario xudicial