Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8045

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (824/2011).

Francisco Rascado González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 824/2011 seguido por instancia de Irene Cambeiro Fernández fronte a Susana Tuche Álvarez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Flora Lombo do Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 1 de xuño de 2012.

Demandante: Irene Cambeiro Fernández.

Procuradora: María Jesús Nogueira Fos.

Demandada: Susana Tuche Álvarez.

Procedemento: xuízo verbal 824/2011-M (demais - ETO).

Decido que, estimando a demanda promovida pola procuradora María Jesús Nogueira Fos, en nome e representación de Irene Cambeiro Fernández fronte a Susana Tuche Álvarez, debo condenar e condeno esta a realizar as obras de reparación da avaría existente na súa vivenda, consistentes en realizar unha cata no chan da cociña e substituír o tramo de canalización afectado para evitar as filtracións de auga cara ao piso inferior, así como os de reparación dos danos causados no teito da cociña da vivenda da demandante, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 3561 0000 02 0824 11, sinalando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso”, seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, e expido este edicto en Vigo, o 5 de xuño de 2012.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada-xuíza.

E encontrándose a devandita demandada, Susana Tuche Álvarez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 7 de outubro de 2013

O secretario xudicial