Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8043

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2014 pola que se nomea profesorado dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocado mediante Resolución desta universidade con data do 25 de novembro de 2013 (BOE do 6 de decembro), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos desta universidade e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo
docente

Área coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2333/13

Carlos Alberto

Salgado López

34261659P

Profesor titular de universidade

Física Teórica

Física de Partículas

Santiago de Compostela

C01757