Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8040

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Resolución do 9 de decembro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia, en virtude do recurso potestativo de reposición interposto por María José Meilán Bellón.

Por Resolución do 9 de decembro de 2013 (DOG núm. 235, do 10 de decembro) resolveuse o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 28 de novembro de 2012 (DOG núm. 230, do 3 de decembro).

Na dita orde o posto número 774 adxudicábaselle no anexo II (fase de resultas) a José Daniel Folgueira Villamor, cunha puntuación de 17,950, e o posto número 680 adxudicábaselle no mesmo anexo a Iván Pedrosa Castillo, cunha puntuación de 17,600 puntos.

Interposto recurso de reposición contra a dita resolución por María José Meilán Bellón, o recurso foi estimado o 21 de febreiro de 2014, adxudicándoselle o posto 774 á recorrente, cunha puntuación de 18,120 puntos, e o posto 680 a José Daniel Folgueira Villamor, cunha puntuación de 17,950 puntos.

Iván Pedrosa Castillo, con 17,600 puntos, non obtén posto.

Polo exposto,

RESOLVO:

Modificar a Resolución do 9 de decembro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración especial da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 28 de novembro de 2012, no seguinte sentido:

Primeiro. Anular as adxudicacións a resultas que figuran no anexo I desta resolución.

Segundo. Adxudicar a resultas aos/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo II desta resolución os postos de traballo que nel se especifican.

Terceiro. O prazo de toma de posesión dos postos adxudicados nesta orde comenzará contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral da Función Pública no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderá impugnarse directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Anulacións

1º Apelido

2º Apelido

Nome

NIF

Grupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Folgueira

Villamor

J. Daniel

33324449W

A

774

MR.C99.10.701.27001.009

Xefatura unidade técnica II

MR

Lugo

25

17,950

Pedrosa

Castillo

Iván

33326762S

A

680

MA.C99.10.005.27001.005

Xefatura sección xestión ambiental

MA

Lugo

25

17,600

ANEXO II
Adxudicacións

1º Apelido

2º Apelido

Nome

NIF

Grupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Folgueira

Villamor

J. Daniel

33324449W

A

680

MA.C99.10.005.27001.005

Xefatura sección xestión ambiental

MA

Lugo

25

17,950

Meilán

Bellón

M. José

33331173X

A

774

MR.C99.10.701.27001.009

Xefatura unidade técnica II

MR

Lugo

25

18,120