Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7910

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (603/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 603/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Johnny Gabriel Fuentes Ortiz de Villate contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Técnica Instalación Coruña, S.L. e Mutua Fremap, sobre seguridade social, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 75/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: danos e perdas 603/2011.

Demandante: Johnny Gabriel Ortiz de Villate.

Letrado: Sr. López Petinal.

Demandados:

– INSS.

Letrada: Sra. Suárez Herva.

– Técnica Instalación Coruña.

Letrado:

– Mutua Fremap.

Letrada: Sra. Ojea Castro.

Sentenza nº 75/2014.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2014

Resolución:

– Desestimo a acción de responsabilidade civil formulada por Johnny Gabriel Fuentes Ortiz de Villate fronte ao INSS, á empresa Técnica de Instalación Coruña, S.L. e á Mutua Fremap e, en consecuencia, absólvoos das pretensións fronte a eles dirixidas.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Técnica Instalación Coruña, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial