Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7912

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1070/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Antonio Varela Torres contra Grupo Empresarial Lomba, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Grupo Empresarial Lomba, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de procedemento ordinario 1070/2013 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Grupo Empresarial Lomba, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, situado na rúa Monforte, s/n, planta baixa, sala 1, Edificio dos Xulgados, o día 27.1.2014 ás 13.30 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Grupo Empresarial Lomba, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial