Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7197

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (852/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 852/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Botana Pintor contra a empresa Transportes del Mueble Júcar, S.L., o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse sentenza nº 29, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Rafael Botana Pintor, asistido pola letrada Ángeles Cancela Regueiro, fronte á mercantil Transportes del Mueble Júcar, S.L., o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Javier García Bargüeño, en calidade de administrador concursal, que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza con base nos seguintes.

(…)

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta por Rafael Botana Pintor fronte á mercantil Transportes del Mueble Júcar, S.L., o Fogasa e Javier García Bargüeño e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a cantidade de 6.100,00 euros, cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de demora, e condeno a Javier García Bargüeño, unicamente na súa condición de administrador concursal, a estar e pasar por esta declaración.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Transportes del Mueble Júcar, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial