Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso
contencioso-administrativo dereitos fundamentais 0019/2014-IN, interposto por Adolfo Alonso Vega e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo dereitos fundamentais número 0019/2014-IN, interposto por Adolfo Alonso Vega, Ana Belén Cruces Maneiro, Ana Isabel Barrio Gallego, Ana Isabel González Villar, Ana Isabel Rodríguez Ramos, Ana María Pazo Vázquez, Ángel Vila Lodeiro, Beatriz Bárbara Galdo Vázquez, Belén Meiriño Borrajo, Carlos Piñeiro Esperante, Carme Otero Rodríguez, Carmen Fernández Pérez, Celia Pilar Santos Expósito, Darío Javier González Conde, Elisa Pascual Cid, Francisco Javier Paz Silva, Francisco José Malvido Pousada, Héctor Rodil Marzabal, Inés Cobas Balseiro, Juana María Fontenla Rodiles, Leonardo Javier Vilariño Espasandín, María Belén Vila Dorrio, María Carmen Alonso Santisteban, María del Carmen Fernández Seara, María Cristina González Domínguez, María Jesús Calvelo Fondevila, María Mercedes González Pavón, Manuel Piñeiro Baena, Manuela Fernández Yáñez, María Ángeles Golpe Galdo, María Consuelo López Moinelo, María de las Nieves Infanzón Álvarez, María del Carmen Folgueira Vázquez, María del Carmen Paula Ouro Morales, María Dolores Barcón Orol, María Dolores Fraga Cando, María Fe Montero Torreiro, María Mercedes Pérez Somoza, María Montserrat Castro Mayo, María Muíño Domínguez, María Rodríguez Rúa, María Victoria Fente López, Marta Álvarez Molares, Marta Elisa López Méndez, Marta Río Silva, Mónica María Vázquez Vila, Montserrat Domínguez Casal, Natividad Lago Valledor, Olga Martínez Candamio, Patricia López Ríos, Paula Sánchez García, Sira María Rodríguez Corredoira, Sira Ponte Álvarez, Dolores Sonia Touceda Taboada, Vanesa Anca Gómez, Victoria Eugenia Hazañas Ruiz e Xavier Hermida Rodríguez contra a Resolución do 20 de decembro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 5 (cinco) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública