Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7195

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (872/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 872/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrian dos Santos Suárez contra a empresa Tolroga, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse sentenza nº 27 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Adrián dos Santos Suárez, asistido polo letrado Juan Gerpe Castro, fronte á mercantil Tolroga, S.L., o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Isaac González Peña, na súa condición de administrador concursal, que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza con base nos seguintes.

(…)

Decido que estimo integramente as demandas interpostas por Adrián dos Santos Suárez fronte á mercantil Tolroga, S.L., o Fogasa e Isaac González Peña, na súa condición de administrador concursal e, en consecuencia:

1ª. Declaro procedente a extinción da relación laboral existente entre Andrián dos Santos Suárez e a mercantil Tolroga, S.L. e extinguida esta a día de hoxe (28.1.2012), declaro improcedente o despedimento do demandante levado a cabo con efectos do 30.11.2012, e condeno a empresa a aboar ao demandante a cantidade de 3.533,54 euros en concepto de indemnización e 21.530,50 euros en concepto de salarios debidos desde a data do despedimento e ata a de extinción da relación laboral (425 días). Condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración e a Isaac González Peña unicamente na súa condición de administrador concursal.

2ª. Declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 8.573,28 euros en concepto de salarios de xuño, xullo, agosto, setembro, outubro e novembro de 2012, e condeno a Tolroga, S.L. a aboar a devandita cantidade incrementada co 10 % de xuros de demora. Condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración e a Isaac González Peña, unicamente na súa condición de administrador concursal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Prevense á empresa demandada que para interpoñer recurso deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,00 euros en concepto de depósito, sen cuxo requisito non será admitido, a trámite o recurso, quedando firme a sentenza.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Tolroga, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial