Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6844

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións da rúa Valdarrosa.

Visto que foi aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o día 30 de decembro de 2013, o proxecto do Plan especial de dotacións nos terreos sitos na rúa Valdarrosa de Ponte Caldelas, faise público que na dita sesión foi adoptado o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións, coas modificacións introducidas que viñan establecidas no informe da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo referentes ao plano nº 8.

Segundo. De conformidade co establecido no artigo 98 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), a aprobación definitiva deste plan especial de dotacións comporta a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados polo plan aos fins de expropiación ou imposición de servidumes.

Terceiro. Conforme o establecido no artigo 92 da LOUGA, o acordo definitivo de aprobación definitiva publicarase no DOG e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP.

Por outro lado, e tal como está establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dáse conta tamén neste anuncio de que o citado proxecto foi remitido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ponte Caldelas, 27 de xaneiro de 2014

Perfecto Rodríguez Muíños
Alcalde