Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6841

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2014 mediante a que se anuncia procedemento aberto para a contratación das pólizas de seguros de vehículos de motor deste concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Teléfono: 988 26 93 33.

5. Fax: 988 22 14 94.

6. Correo electrónico: contratación@ourense.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2282.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: privado.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, das pólizas de seguros de vehículos de motor do Concello de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega:

1. Domicilio: praza Maior, 1.

2. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Prazo de execución: 2 anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 66514110-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 85 puntos.

– Características técnicas da póliza: 15 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 225.000 euros (duración total do contrato e posibles prórrogas incluídas).

b) Importe total polos dous anos 150.000 euros (75.000 euros/ano).

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5 % do importe da adxudicación do contrato.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior núm. 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 11 de febreiro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde