Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6840

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación agropecuaria no Piñeiro (Olas).

María del Carmen Rama Nogareda solicitou licenza municipal para a ampliación de explotación agropecuaria mediante a construción de corte libre para vacún de leite no lugar do Piñeiro, nº 4, parroquia de Olas, parcela 277 do polígono 502 de catastro, no termo municipal de Mesía. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público, na Secretaría do concello, durante as horas de oficina.

Mesía, 12 de febreiro de 2014

Mariano Iglesias Castro
Alcalde