Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre tenda de animais de compaña.

Petspace, S.L., entidade representada por Odilo Cores Oubiña, solicitou licenza municipal de actividade para tenda de animais de compaña (epígrafe 659.7), que se localizará na avenida As Carolinas, 47 baixo. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Actividades Clasificadas do concello, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 20 de xaneiro de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente