Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6214

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 1311/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 1311/2012 por instancia de Fátima Pedreira Loureda contra Bogar Asitencia, S.L., o Concello de Sada e Centro Clínico Ribadeo, S.L., Fogasa, administración concursal e Galicia Saudade, S.L. sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda de despedimento interposta por Fátima Pedreira Loureda contra Bogar Asitencia, S.L., o Concello de Sada e Centro Clínico Ribadeo, S.L. e, en consecuencia, debo absolvelas das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Fátima Pedreira Loureda contra a entidade Galicia Saudade, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro nulo o despedimento de que a demandante foi obxecto o 22 de novembro de 2012, e condeno a Galicia Saudade, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, proceda á readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 62,37 euros diarios.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Galicia Saudade, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial