Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6213

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (582/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 582/2011 por instancia de Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales contra INSS, TXSS, Ladislao Lorenzo Sánchez, sobre seguridade social, nos cales se ditou sentenza en data 15.1.2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Ditame:

Admítese parcialmente a demanda interposta por Mutua Midat Cyclops fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Ladislao Lorenzo Sánchez e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Ladislao Lorenzo Sánchez a aboarlle á Mutua Midat Cyclops como responsable directa a cantidade de seis mil cento setenta e sete euros con noventa céntimos de euro (6.177,90 euros) con responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS, respecto da cantidade de dous mil cincocentos corenta e nove euros con oitenta e nove céntimos de euro (2.549,89 euros) para o caso de insolvencia da anterior.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ladislao Lorenzo Sánchez, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial