Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (975/2011).

Demandante: Laureano Oliveira Davila.

Avogada: María Fernanda Álvarez Pérez.

Procurador: José Manuel del Río Sánchez.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 975/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laureano Oliveira Davila contra a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Proesga, S.L., Acciona Infraestructura, S.A., Xefatura Superior de Policía Nacional, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

A Coruña, 23 de xaneiro de 2014

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 23.9.2011 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de reclamación de cantidade presentada por Laureano Oliveira Davila fronte a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. Proesga, S.L., Acciona Infraestructura, S.A., Xefatura Superior de Policía Nacional, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. A parte demandante presentou escrito en que manifesta que desiste da acción interposta.

Fundamentos de dereito.

Único. Xa que o demandante declarou a súa vonta de de abandonar o proceso e o demandado non solicitou a continuación do procedemento, procede considerar que o demandante desiste da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

– Considerar que Laureano Oliveira Davila desistiu da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Proesga, S.L., Acciona Infraestructura, S.A., Xefatura Superior de Policía Nacional, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1532 0000 31 0975 11, no Banesto, e deberá indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. (Proesga, S.L.,) en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial