Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (850/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 850/2013 por instancia de Mónica Seijas Pérez contra Mercacurtis, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración da sentenza o 21.1.2014 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Auto.

Parte dispositiva.

A súa señoría acorda que procede a aclaración solicitada e, en consecuencia, o último parágrafo do fundamento de dereito cuarto e a resolución quedarán do teor literal seguinte:

Todo iso fai un total de 5.947,59 euros en concepto de indemnización e 7.520,49 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento.

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Mónica Seijas Pérez fronte a Mercacurtis, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase extinguida na data da presente a relación laboral que une a demandante coa empresa Mercacurtis, S.L.

– Condénase a empresa Mercacurtis, S.L. a aboar á demandante a cantidade de cinco mil novecentos corenta e sete con cincuenta e nove céntimos de euro (5.947,59 euros) en concepto de indemnización e da cantidade de sete mil cincocentos vinte con corenta e nove céntimos de euro (7.520,49 euros) en concepto de salarios debidos.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social colexiado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mercacurtis, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial