Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5904

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2449/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 2449/2011 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1077/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Avogado: Serv. Xurídico Seg. Social (Provincial).

Recorrida: Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Avogado: letrado Seguridade Social.

Recorrida: Mutua Galega de Accidentes de Traballo.

Avogada: Mª José Martínez-Fariza Conde.

Procuradora: Notif. Ldo. Monteoliva Díaz.

Recorrida: Norge Bosen, S.L.

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2449/2011 de esta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Norge Bosen, S.L., sobre reintegro de prestacións, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

Que debemos estimar e estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do 17 de febreiro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo en proceso promovido pola demandante Mutua Gallega contra a empresa Norge Bosen, S.L. e outros, e debemos revogar e revogamos en parte a sentenza impugnada, declarando que a condena da Tesouraría Xeral da Seguridade Social o é de forma subsidiaria e exclusivamente como sucesora do extinguido Servizo de Reaseguro.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corriente desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Norge Bosen, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial