Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5903

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 4 de xaneiro de 2014 polo que se aproba a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe ou xefa do Servizo de Publicacións da Administración do Parlamento de Galicia.

Advertido un erro na publicación do citado acordo, no DOG núm. 28, do 11 de febreiro de 2014, cómpre a súa corrección.

Nas páxinas 5680, 5681 e 5682, no sumario do acordo, no texto, no pé e mais no anexo, onde di: «4 de xaneiro de 2014», debe dicir: «4 de febreiro de 2014».