Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5901

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de decembro de 2013 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 2 de xaneiro de 2013.

Por Orde do 2 de xaneiro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 7, do 10 de xaneiro de 2013, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se detalla no anexo desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Datos do posto de traballo:

Denominación: Xefatura do Departamento Central de Estudos, Información e Asistencia.

Código do posto: FCA020000315770005.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.