Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-173/13 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega, a resolución dos expedientes sancionadores, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco Recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberán empregar os impresos normalizados que lles serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, nº 79, 2º, Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 24 de xaneiro de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-173/13.

NIF: 76716715P.

Denunciada: Mª Anuncia Fernández Rodríguez.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 2.250 € máis un mes de suspensión de licenza municipal de apertura.

Número de expediente: OU-E-176/13.

NIF: B323333551.

Denunciada: Nosguloscu, S.L.

Enderezo: praza José Otero, 16 baixo, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Establecemento: Sueño Húmedo.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 480 €.

Número de expediente: OU-E-180/13.

NIF: B32282733.

Denunciada: Tecnodifusión Barco, S.L.

Enderezo: r/ Abdón Blanco, 12 baixo, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Establecemento: Bik-Bok.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 2.100 € máis un mes de suspensión de licenza municipal de apertura.

Número de expediente: OU-E-202/13.

NIF: F32412769.

Denunciada: Salinas da Costa, S. Coop. Galega.

Enderezo: r/ Constitución, 14 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Peneke.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 120 €.