Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (867/2012).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 867/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio González Aguiar contra a empresa Restaurante Marisquería Sexto, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza nº 12, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de José Antonio González Aguiar, asistido polo letrado Emilio Sánchez Vieites, fronte a Restaurante Marisquería Sexto, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes,

(…)

Decido que estimo a demanda interposta por José Antonio González Aguiar fronte á mercantil Restaurante Marisquería Sexto, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado con data do 3.10.2012 e condeno a mercantil Restaurante Marisquería Sexto, S.L. a que opte, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou ben por readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente sentenza, por importe de 20.334,12 euros, ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 9.826,74 euros.

Advírtese á mercantil Restaurante Marisquería Sexto, S.L. que, en caso de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, se entende que procede a primeira.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente notificación segundo prevé o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Restaurante Marisquería Sexto, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial