Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5917

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Miras Avalos e Cristina Vázquez Reboredo contra o Fondo de Garantía Salarial e Xainoe Casavaz Centro de Belleza 2006, S.L., sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 36/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1/2012.

Demandantes: María Miras Avalos e Cristina Vázquez Reboredo.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandado: Xainoe Casavaz Centro de Belleza 2006, S.L.

Sentenza 36/2014.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Cristina Vázquez Reboredo e María Miras Avalos fronte a Xainoe Casavaz Centro de Belleza 2006, S.L. e, en consecuencia, condeno esta:

1. A pagarlle a Cristina Vázquez Reboredo a suma de 5.427,69 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos, compensación por incumprimento de prazo de aviso previo ao despedimento, horas extraordinarias, e diferenzas salariais por incorrecta adscrición a categoría profesional.

2. A pagarlle a María Miras Avalos a suma de 5.214,03 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos e compensación por incumprimento de prazo de aviso previo ao despedimento.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Xainoe Casavaz Centro de Belleza 2006, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial