Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de suspensión da expedición Os Verxeles do contrato de xestión V-3216; XG-360, Lalín-Pontevedra, con anexos, de Donado Campos, S.L.
Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avda. Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es
Pontevedra, 20 de xaneiro de 2014
José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra