Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5760

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre a aprobación definitiva do expediente de delimitación do solo do núcleo rural das Lamas, concello de Becerreá.

O Concello de Becerreá remite no 26 de xullo pasado o referido proxecto de delimitación do núcleo rural das Lamas, para os efectos de solicitar resolución sobre a súa aprobación definitiva, conforme o establecido ao respecto na disposición adicional 2ª.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizada a documentación achegada polo concello, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Becerreá dispón actualmente vixentes de normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo no 28 de abril de 1995.

2. A disposición adicional décimo segunda da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, modificou o número 4 do artigo 93 da LOUG, nomeadamente canto a que as modificacións de planeamento xeral tendentes á delimitación de solo de núcleo rural ao abeiro do establecido no artigo 13 desa lei se tramitarán seguindo o procedemento establecido na disposición adicional segunda da LOUG.

3. Respecto da tramitación administrativa, cabe sinalar o seguinte:

• O Concello Pleno de Becerreá, en sesión do 14 de marzo de 2013, acordou retomar a delimitación, como solo de núcleo rural común, do asentamento de poboación sito no lugar das Lamas.

• Consta decreto da alcaldía, do 29 de abril de 2013, de aprobación inicial do expediente de delimitación.

• Procedeuse á publicación dos anuncios preceptivos correspondentes, no DOG (8.5.2013) e nos xornais El Progreso (8.5.2013) e La Voz de Galicia de Lugo (8.5.2013).

• En data 3.6.2013 emitiuse informe favorable da Axencia Galega de Infraestruturas en relación coa estrada LU-636, ao abeiro do establecido na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

• Consta certificación da secretaría municipal, do 2.7.2013, sobre a exposición pública do proxecto e a non presentación de alegación algunha.

• O Concello Pleno de Becerreá, na súa sesión do 23 de xullo de 2013 adoptou acordo de aprobación provisoria do expediente de delimitación.

II. Análise e consideracións.

II.1. A Delimitación do núcleo rural das Lamas afecta un ámbito duns 51.600 m2 de superficie, a carón da estrada autonómica LU-636 (antiga C-535, pertencente á rede complementaria básica) e próxima ao solo urbano do núcleo cabeceira do concello.

II.2. Nas NSP actualmente vixentes os terreos atópanse clasificados, a partes iguais, como solo non urbanizable de protección paisaxística e de protección agropecuaria.

II.3. A información contida no estudo do medio rural argumenta a falla de valores naturais, ambientais e paisaxísticos prevalentes sobre o recoñecemento fáctico do asentamento existente.

II.4. O asentamento está constituído por edificacións construídas nos últimos 30 anos, das cales 7 están destinadas a uso residencial, 1 a almacén agropecuario e outras son construcións menores anexas ás vivendas.

II.5. A delimitación fixa as condicións de uso e de edificación nos terreos delimitados e define o trazado viario coas aliñacións.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 12.1.b) do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural das Lamas, no concello de Becerreá.

2. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a CMATI, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente (artigos 48, 58, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). Se o interesado é unha administración pública non caberá interpoñer recurso en vía administrativa, e pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo da formulación, no seu caso, do requirimento previo en igual prazo (artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa).

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

missing image file

ANEXO