Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5740

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial do sector do urbanizable SUD-3 do Plan xeral de ordenación municipal e doutros acordos.

Por Decreto da Alcaldía nº 10, do 20 de xaneiro de 2014, conforme o disposto no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, acordou:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan parcial do sector do urbanizable SUD-3 do PXOM de Curtis.

Segundo. Someter o expediente ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Terceiro. Notificarlles individualmente a todos os propietarios que figuren como titulares catastrais dos terreos afectados.

Cuarto. Solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios.

Quinto. Remitir o expediente administrativo aos servizos técnicos e xurídicos municipais para a emisión do informe preceptivo».

Curtis, 20 de xaneiro de 2014

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde