Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5741

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación e legalización do cemiterio municipal no Alto da Gloria.

En aplicación do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e respecto da actividade correspondente á ampliación e legalización do cemiterio municipal situado no Alto da Gloria, en Ponteareas, segundo o novo proxecto básico de ampliación e legalización do cemiterio municipal modificado, que inclúe modificacións de agosto de 2013, redactado pola arquitecta Julia Vilas Cruz, a Xunta de Goberno Local, en sesión do 16 de decembro de 2013, acordou someter o expediente da dita actividade a información pública no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios municipal por un período de vinte (20) días hábiles para que os interesados formulen as alegacións que consideren pertinentes. O dito período computará desde o día seguinte ao da publicación do último dos anuncios.

Durante o dito prazo, o expediente poderá ser examinado nas dependencias municipais.

Ponteareas, 20 de decembro de 2013

Salvador González Solla
Alcalde