Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5739

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.

Logo de aprobada inicialmente a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal, por Acordo do Pleno do 16 de xaneiro de 2014, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio neste diario.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais e poderán formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Na mesma sesión acordouse suspender o outorgamento de licenzas no ámbito desta modificación puntual número 3, nos termos establecidos no artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Non obstante, poderanse conceder licenzas baseadas no vixente réxime contido no Plan xeral de ordenación municipal, que ao mesmo tempo respecten as condicións do novo planeamento.

Coirós, 21 de xaneiro de 2014

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde