Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervantes

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de ampliación de explotación de vacún de carne en Lamas.

Fermín Fernández Gómez solicita licenza de actividade para proxecto de ampliación de explotación de vacún de carne en Lamas, parroquia de Lamas.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días, co fin de que durante este –que comezará a contar a partir do día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que consideren oportunas.

Cervantes, 21 de xaneiro de 2014

Benigno Gómez Tadín
Alcalde