Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5737

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de declaración de incursión en situación legal de fóra de ordenación total de actividade en Garita-O Fontelo (San Pedro de Mor).

Pedro Luís Fernández Expósito, con DNI número 77593181-J, presentou nesta alcaldía solicitude de declaración de incursión en situación legal de fóra de ordenación total da actividade denominada elaboración de mármores e granitos, sita no lugar de Garita-O Fontelo, 4, da parroquia de San Pedro de Mor, neste concello.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, mediante anuncio no BOP de Lugo e no DOG, para que os interesados poidan examinar o expediente e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de notificación, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou dos cales se ignore o paradoiro, ou ben, intentada a notificación, non se puidese practicar.

O expediente obxecto desta información atópase depositado nas dependencias deste concello, e pódese consultar durante o horario de oficina.

Alfoz, 21 de xaneiro de 2014

Emilio Lousas Muíña
Alcalde