Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5544

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 967/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 967/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Martín Acosta García contra a empresa Carpinox Coruña, S.L.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 967/2011 seguidos por instancia de Alejandro Martín Acosta García, representado pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a entidade Carpinox Coruña, S.L.L., con intervención do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Alejandro Martín Acosta García, contra a empresa Carpinox Coruña, S.L.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 16.273,57 euros, que se incrementarán aos xuros moratorios previstos no art. 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, o que demostrará mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, ben como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpinox Coruña, S.L.L., expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial