Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (668/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Alfredo Vázquez Rouco contra Talleres Calviño, S.L., Mutua Intercomarcal, Servizo Galego de Saúde e Instituto Nacional da Seguridade Social, en reclamación por seguridade social, rexistrado co nº 668/2008, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 668/2008, nos cales son parte, dun lado, como demandante Alfredo Vázquez Rouco, representado pola letrada Lidia Vázquez Méndez, e como demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, representado pola letrada Victoria Regueira Rodríguez, o Servizo Galego de Saúde, que non comparece, a Mutua Intercomarcal, representada pola apoderada Rosa María Seoane Veloso, e Talleres Calviño, S.L., que non comparece, sobre valoración de continxencia, pronunciou en nome de S.M. O Rei, a seguinte sentenza

Resolvo:

Que estimo a demanda sobre determinación de continxencia interposta por Alfredo Vázquez Rouco contra o INSS, Mutua Intercomarcal e Talleres Calviño, S.L, e declaro que o proceso de IT padecido polo demandante desde o 8.2.2007 deriva de accidente de traballo, e condeno as demandadas a estaren e pasaren pola devandita declaración coas consecuencias legais inherentes a ela.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, que se demostrará mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.»

E para que sirva de notificación a Talleres Calviño, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 20 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial