Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5541

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira)

CÉDULA de emprazamento (P.O. 7414/2011).

Órgano xudicial que empraza:

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Contencioso-Administrativo Sección Terceira da Coruña.

P.O.: 7414/2011, por instancia de Seponsur, S.L. contra o Ministerio do Interior, sobre reclamación de responsabilidade patrimonial.

Asunto en que se acorda:

Resolución desestimatoria do 7.3.2011, sobre reclamación patrimonial contra a Dirección Xeral de Tráfico. Contía da reclamación: 32.000 euros. Expediente 39/2009.

Persoa/s que se empraza:

Seponsur, S.L., por medio do seu representante legal.

Obxecto e prazo do emprazamento:

Para que compareza no prazo de nove días no presente procedemento, con procurador que o represente e letrado que o dirixa, ao ter renunciado o que ata a data viña facéndoo, co apercibimento de que, no caso de que non o verifique no prazo sinalado, se procederá ao arquivamento das actuacións.

Lugar en que debe/n comparecer (se é o caso):

Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2014

Enriqueta Roel Penas
Secretaria xudicial