Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (11/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 11/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilio Francisco González Pascual contra a empresa Comarca 54, S.C., e os socios Enrique Taboada Fidalgo, Luis Francisco Taboada Fidalgo, José Antonio Taboada Fidalgo sobre ordinario, se ditou Decreto 686/2013, do 30 de decembro, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia parcial, que se entenderá para todos os efectos como provisional, dos executados Comarca, S.C. (CIF J70138698), Enrique Taboada Fidalgo (DNI 34997809C), Luis Francisco Taboada Fidalgo (DNI 34982708F) e José Antonio Taboada Fidalgo (DNI 34982518R) pola suma de 9.010,69 euros, o que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial