Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (964/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 964/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mohamed Adah Guetaye contra a empresa M.N.F. Mar, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Decido:

Admítese parcialmente a demanda interposta por Mohamed Adah Guetaye fronte a M.N.F. Mar, S.L. con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 496,69 euros, que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET en canto aos conceptos salariais.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a M.N.F. Mar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial