Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5053

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (107/2013).

Xuízo verbal 107/2013.

Demandante: Decoraciones Lamela, S.L.

Procurador: Rafael Rodríguez Ramos.

Avogado: Felipe Patiño Junquera.

Demandada: Pilar Álvarez Álvarez.

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, por medio deste edicto,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal, seguido por instancia de Decoraciones Lamela, S.L. fronte a Pilar Álvarez Álvarez, ditouse sentenza, cuxo resolución literal é a seguinte:

«Debo estimar e estimo a demanda presentada por Decoraciones Lamela, S.L. contra Pilar Álvarez Álvarez, e condeno a segunda a pagarlle á primeira:

(1) Tres mil seiscentos cinco euros con oitenta céntimos (3.605,8 €).

(2) Os xuros legais da dita cantidade desde o 14.2.2013.

(3) As custas do procedemento.

Contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de apelación que se interpoñerá, perante este mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, e do que coñecerá a Audiencia Provincial. De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da LOPX nos seus números 4 e seguintes, para a interposición do dito recurso será precisa a consignación como depósito de 50 euros, cantidade que será ingresada na conta de consignacións xudiciais deste xulgado.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Ao se encontrar a dita demandada, Pilar Álvarez Álvarez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 18 de xuño de 2013

José Miguel Regueiro Pérez
Secretario xudicial