Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5056

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (963/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 963/2011 do Xulgado do Social número 2 da Coruña, seguidos por instancia de Ramón Cendán Díaz contra a empresa Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza, cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ramón Cendán Díaz, contra a empresa Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., con intervención do Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.826,44 euros que se incrementarán cos xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET para os conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e indíqueselles que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial