Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5057

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1077/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de seguridade social 1077/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Abelenda Calvo contra a empresa Talleres Hermanos Ramil, S.L., Mutua Intercomarcal, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Número de autos: seguridade social 1077/2011.

Demandante: Carlos Abelenda Calvo.

Avogado: Jesús María Massa Rey.

Demandados: Talleres Hermanos Ramil, S.L., Mutua Intercomarcal, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Auto:

Maxistrado xuíz.

Javier López Cotelo.

Na Coruña, 13 de xaneiro de 2014.

Parte dispositiva:

Procede rectificar a sentenza ditada nos presentes autos o 18 de outubro de 2013, de tal forma que, no encabezamento, onde di “procedemento: seguridade social 509/2012”, debe dicir “procedemento: seguridade social 1077/2011”.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo da Coruña».

E para que conste e sirva de notificación a Talleres Hermanos Ramil, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial