Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5059

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (994/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 994/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gabriel Borrazás Pan contra a empresa F.C. Alimentación, S.A., Frigoríficos Conchado, S.A., administración concursal de F.C. Alimentación, S.A. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal que segue:

«Sentenza 18/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 994/2013.

Demandante: Gabriel Borrazás Pan.

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo.

Demandados:

– F.C. Alimentación, S.A.

Letrado:

– Frigoríficos Conchado, S.A.

Letrado: sr. Díaz Pineda.

– Administración concursal de F.C. Alimentación, S.A.

Fogasa.

Letrado:

Sentencia nº 18/2014.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014

Decido:

1. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Gabriel Borrazás Pan contra as empresas F.C. Alimentación, S.A. e Frigoríficos Conchado, S.A. e, en consecuencia, absólvoas das peticións formuladas contra elas.

2. O Fogasa e a administración concursal de F.C. Alimentación, S.A. deberanse ater ao resolto na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a F.C. Alimentación, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial