Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre reforma interior e cambio de uso de vivenda unifamiliar e ampliación de proxectos de albergue e de pensión en Olveiroa.

Antonio Lema Oreiro solicitou desta alcaldía licenza municipal de obra e actividade de reforma interior, e cambio de uso de vivenda unifamiliar de planta baixa e planta alta, ampliación de proxecto de albergue turístico e ampliación de proxecto de pensión que se situará en Olveiroa. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados polas actividades que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas nas oficinas deste concello.

Dumbría, 30 de xaneiro de 2014

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde