Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4986

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior APR PB5-01.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión que tivo lugar o día 5 de decembro de 2013, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior APR PB5-01.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 86.1.a) da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Lei 9/2002 e as súas modificacións posteriores), para que durante o prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego, os interesados poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Ames, 28 de xaneiro de 2014

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde