Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de exposición pública de licenza de construción dun novo cemiterio na estrada Corzón (As Abeleiroas).

Faise público que Francisco del Río Jurjo, en representación da AA.VV. San Cristovo de Corzón, solicitou licenza para a construción dun novo cemiterio veciñal na estrada Corzón (As Abeleiroas), no ámbito de aplicación comprendido no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Presentada a solicitude e a documentación anexa requirida pola normativa, e para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito, todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que xulguen pertinentes.

Mazaricos, 10 de xaneiro de 2014

José M. Santos Maneiro
Alcalde