Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4989

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de información pública sobre almacén de accesorios de automóbiles no polígono industrial na parroquia de Serres (expediente 409/10).

A sociedade mercantil Talleres J. Mayo, S.L., con CIF B15901622, con domicilio na Pendente, número 1, Esteiro, Muros (A Coruña), solicita licenza de actividade para un almacén de accesorios de automóbiles, situado na parcela 10 do cuarteirón M-5 do polígono empresarial, na parroquia de Serres (Muros), de acordo co proxecto do enxeñeiro-técnico industrial Joaquín Tarrío Sedofeito (expediente 409/10).

De acordo co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, no Servizo de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Muros, 3 de xaneiro de 2014

Caridad González Cerviño
Alcaldesa