Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4990

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Páramo

ANUNCIO de información pública sobre legalización, ampliación e mellora dunha explotación avícola en Ribas de Miño.

María Oliva Gómez Ouro solicitou licenza municipal para a legalización, ampliación e mellora dunha explotación avícola que se situará en Ribas de Miño. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha forma se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Páramo, 2 de xaneiro de 2014

Gumersindo Antonio Rodríguez Liz
Alcalde