Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4707

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO de aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela 23 do PP-1-R O Bertón.

O Pleno do Concello, en sesión levada a cabo o día 26 de decembro de 2013, acordou respecto do estudo de detalle da parcela resultante 23 do proxecto de reparcelación do plan parcial PP-1-R O Bertón, que ten por obxecto ordenar volumetricamente a parcela segundo as determinacións do citado plan parcial, achegado con data do 18.9.2013 e número de rexistro de entrada 45.684:

a) Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela resultante 23 do proxecto de reparcelación do plan parcial PP-1-R O Bertón, que ten por obxecto ordenar volumetricamente a parcela segundo as determinacións do citado plan parcial.

b) Notificar este acordo ao Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Xestur e proceder ás publicacións regulamentarias.

Con data do 20.1.2014, con rexistro de saída número 1.448, remitiuse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas copia autenticada de dous exemplares do documento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan debidamente dilixenciados polo secretario xeral.

Esta publicación tamén serve para os efectos previdos no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os interesados que resulten descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, podrá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante o órgano que o ditou no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administarivo común, ou directamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na forma prevista no artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 22 de xaneiro de 2014

José Manuel Rey Varela
Alcalde