Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4709

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de reforma interior dos Concheiros-Cotaredo-San Lázaro na rúa do Valiño (números 25 a 31).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de novembro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de reforma interior dos Concheiros, segundo a proposta de ordenación volumétrica presentada por Urbi Lucsa, S.L., redactada polo arquitecto Alfredo Varela Nogueira, cuxo ámbito de actuación se corresponde cos números 25 a 31 da rúa do Valiño (parcela 90 do PERI), sen modificacións respecto da inicialmente aprobada e sometida a información pública.

O acordo notificaráselles persoalmente a todos os interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada.

Igualmente, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comunicación do acordo de aprobación definitiva, xunto con dous exemplares dilixenciados do documento definitivamente aprobado».

O acto de aprobación definitiva da citada modificación do plan especial foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 13 de decembro de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

De acordo co sinalado no artigo 92.2 da citada lei, publicouse no Boletín Oficial da provincia número 247, do 30 de decembro de 2013, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día siguiente ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2014

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible