Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4706

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre estación de almacenamento de GLP e rede de distribución de gas propano.

Repsol Butano, S.A. (representada por Ignacio Quiroga Liaño), solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de estación de almacenamento de GLP e a rede de distribución de gas propano no termo municipal da Estrada. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Estrada, 2 de decembro de 2013

José C. López Campos
Alcalde presidente