Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4705

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO de información pública sobre construción de naves agrícolas para ampliación de explotación de cría de visóns.

Miguel Ángel Rodríguez Lameiro, en representación de Rodríguez Lameiro Mink, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de naves agrícolas para ampliación de explotación de cría de visóns, que se instalará no lugar de Monte Xalo, parroquia de Paleo (Carral), parcela 210, 211 polígono 16 e parcela 29, 280 polígono 17. En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública , por un período de vinte días, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e realizar por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carral, 2 de xaneiro de 2014

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde