Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4643

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1053/2013) (citación xuízo 14.1.2015).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 1053/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Roberto Mosteiriz Vidal contra a empresa Xestión Celular Galega, S.L., sobre cantidade, foi expedida a seguinte cédula de citación:

«Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1 de Lugo.

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 1053/2013.

Persoa que se cita: Xestión Celular Galega, S.L. como parte demandada.

Obxecto da citación.

Asistir nesa condición ao/aos acto/s de conciliación e, se for o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que se tente valer e, tamén se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer.

Deben comparecer no día 14.1.2015 ás 10.45 horas, na sede do Xulgado do Social número 1 de Lugo, sita en r/ Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo ao acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, en caso de non se chegar a avinza, ás 10.45 horas do mesmo día, ao acto de xuízo.

Prevencións legais.

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, e continuará este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación –procurador ou graduado social para a súa representación–, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se tente valer (artigo 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos deberá traer ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de anticipación á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como proba o seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícaselle que, se non comparecer, poderanse ter por certos os feitos da demanda en que teña intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LXS).

Téndose solicitado o interrogatorio de parte e sendo a mesma persoa xurídica, deben facerse as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá traer ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade del, como administradores, xerentes ou directivos, só se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) e fáiselle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, cando for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados; así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo para o cal se convoca (artigo 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puideren estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá pasar de quince días.

Lugo, 26 de novembro de 2013

O secretario xudicial

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de citación á empresa Xestión Celular Galega, S.L., expídese este edicto.

Lugo, 16 de xaneiro de 2014

O secretario xudicial