Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4642

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1054/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1054/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Almudena Millor Yáñez contra Xertigán, S. Coop. Galega e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que, estimando parcialmente a demanda presentada por Almudena Millor Yáñez, representada pola letrada Sra. Ferreiro Abelairas, contra a empresa Xertigán, Sociedade Cooperativa Galega e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia estaren citados en legal forma, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a aboar á parte demandante a cantidade de dous mil catrocentos oitenta e nove euros con sesenta e sete céntimos (2.489,67) brutos, máis o 10 % por demora. Iso sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzar ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Xertigán, S. Coop. Galega, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 13 de xaneiro de 2014

O secretario xudicial